CENTRO DE DÍA MÁS VIVIR EN LOS INFORMATIVOS DE LA TELEVISIÓN DE GALICIA

CENTRO DE DÍA MÁS VIVIR EN LOS INFORMATIVOS DE LA TELEVISIÓN DE GALICIA

Nenos e maiores pasan unha xornada xuntos e falan dos agasallos de hoxe e de antes

Sepáranos moitos anos, pero cando están xuntos é evidente que se entenden. Moitos din que entre os máis pequenos e os maiores existe un tipo de conexión especial que non precisa nin palabras. Hoxe puidemos comprobalo na visita que un grupo de pequenos fixo a un centro de día, na que houbo tempo para falar das cartas aos Reis e tamén dos xoguetes de antes.
É unha das xornadas máis esperadas neste centro de día. A visita dos máis pequenos revoluciona por unhas horas a vida dos maiores.
A música, o baile e os xogos unen a pequenos e maiores nun día no que a rutina desaparece.
E é que os anos que os separan non supoñen ningún impedimento para que se entendan, incluso sen palabras.
Non chegan aos tres anos pero a emoción polo Nadal xa se deixa sentir. Moitos resistíronse a desvelar a carta aos reis, pero houbo algunha excepción.
A emoción polo que vai vir dos nenos transfórmase en recordos para os maiores, que lembraron aqueles xoguetes, se os houbo, que os marcaron.
Tras varias horas de xogos a visita remataba, pero deixaba un sorriso na cara de pequenos e maiores.